Concello de Sanxenxo - A XUNTA E O CONCELLO DE SANXENXO ASINARÁN UN CONVENIO PARA EXECUTAR A HUMANIZACIÓN E O REFORZO DA SEGURIDADE VIARIA DA TRAVESÍA DE PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

― A actuación recolle a ampliación de beirarrúas para favorecer a accesibilidade e a mobilidade a pé dos veciños, cunha delimitación clara da circulación do tráfico rodado e peonil, ademais da renovación de cruces e de accesos, e da dotación de zonas axardinadas e mobiliario urbano 
― A conselleira de Infraestruturas confirma a previsión da Xunta de iniciar as obras de mellora da conexión da autovía do Salnés coa estrada PO-504 no mes de setembro, para evitar a afección ao tráfico en época estival 
― Ethel Vázquez lembra que desde o  21 de maio a tarxeta Xente Nova está operativa en toda Galicia, polo que os 430 menores de Sanxenxo que xteñen este dispositivo poden viaxar gratis polos 313 concellos nalgunha das máis de 3.100 liñas de autobús renovadas que xestiona a Xunta 

Xunta e o Concello de Sanxenxo asinarán un convenio para executar as obras de humanización e de reforzo da seguridade viaria da travesía de Portonovo

conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, mantiveron un encontro de traballo no que abordaron esta actuación de humanización que abrangue un treito de 800 metros da estrada autonómica PO-308, entre os puntos quilométricos 18+960 e 19+770. 

A actuación ten como principal obxectivo ampliar as beirarrúas existentes ata un mínimo de 2 metros, favorecendo a accesibilidade e a mobilidade a pé dos veciños, cunha delimitación clara da circulación do tráfico rodado e peonil. 

A intervención inclúe a reordenación de cruces e de accesos, coa construción de dúas novas glorietas. Prevese, ademais, a humanizaciónda travesíacoa disposición de zonas axardinadas e a colocación de mobiliario urbano, aproveitando a intervención para renovar as instalacións, co soterramento de tendidos eléctricos aéreos e coa renovación das redes de abastecemento, saneamento e pluviais. 

Para levar a cabo estas obras de humanización e mellora da travesía de PortonovoXunta e Concello asinarán o correspondente convenio de colaboración para a financiación conxunta das obras, que supoñen un investimento estimado superior aos2,3 millóns de euros. 

O Concello de Sanxenxo ten elaborado xa un estudo previo das intervencións necesarias, aínda que será preciso contratar a redacción do proxecto de construción, de modo paralelo á tramitación do convenio de colaboración. 

O Concello de Sanxenxo será o encargado de licitar e executar as obras e comprométese a asumir, antes do inicio dos traballos, a titularidade das beirarrúas no treito da PO-308 obxecto de actuación. 

Na reunión, a conselleira e o alcalde tamén abordaron a mellora da conexión da autovía do Salnés coa estrada PO-504, adxudicada recentemente e que suporá un investimento autonómico de 335.000 euros. 

Trátase da construción dun novo ramal para os vehículos que veñen do Grove e da Lanzada e saen da vía rápida en Sanxenxo para enlazar coa PO-504, substituíndo o actual, que mellorará a fluidez do tráfico e reducirá os atascos, sobre todo no verán. Ethel Vázquez confirmoulle a Telmo Martín que a previsión é iniciar os traballos no mes de setembro, para evitar a afección ao tráfico en época estival.

A titular de Infraestruturas e Mobilidade tamén informou ao alcalde que se acaba de adxudicar a redacción do proxecto para a construción dun itinerario peonil na contorna dese enlace da autovía do Salnés coa PO-504, e que a previsión da Xunta é levar a cabo as actuacións unha vez se conte co proxecto e cos trámites administrativos necesarios. 

O contrato adxudicado permitirá definir as actuacións precisas no enlace da AG-41 coa PO-504, que supón unha barreira para o tránsito peonil pola alta intensidade de tráfico que rexistra. Mediante este contrato proponse o desenvolvemento dun itinerario que evite o enlace, aproveitando o paso inferior da PO-504 baixo a VG-4.1. 

Unha vez superado ese paso inferior, habilitaríase unha nova senda peonil no pé do terraplén do ramal norte de enlace da AG-41, ata chegarata a glorieta inferior do enlace.No proxecto, tamén será necesario incluír a solución para dar continuidade en condicións de accesibilidade ás beirarrúas da PO-504, no treito inmediatamente anterior ao paso inferior.

430 mozos de Sanxenxo viaxan gratis coa tarxeta Xente Nova 

Durante o encontro, a titular de Infraestruturas e Mobilidade e o alcalde de Sanxenxo puxeron en valor a tarxeta Xente Nova da Xunta, que desde xuño do pasado ano está operativa neste municipio pontevedrés e que permite viaxar de balde aos menores de 21 anos no autobús interurbano. 

Ethel Vázquez lembrou que, desde o21 de maio este dispositivo está operativo en toda Galicia, polo que os 430 menores de 21 anos de Sanxenxo que xa dispoñen da tarxeta Xente Nova poden viaxar gratis no autobús da Xunta, non só nos concellos da área de Pontevedra, senón polos 313 concellos de Galicia. Destacou que, con este dispositivo se poden realizar ata 60 viaxes ao mes de balde nas máis de 3.100 liñas de autobús renovadas que xestiona a Xunta.

0
0
0
s2sdefault