Concello de Sanxenxo - MEDIO AMBIENTE PECHA O PRAZO CUN TOTAL DE 163 PETICIÓNS PARA REALIZAR FOGUEIRAS DE SAN JUAN E SAN PEDRO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
 
A Concellería de Medio Ambiente pechou o prazo onte cun total de 163 peticións para realizar fogueiras de San Juan e San Pedro. Sanxenxo só autorizou este ano as fogueiras en leiras privadas debido á actual situación sanitaria e prohibe a realización destas en espazos públicos, incluídas as praias.
 
A Policía Local reforzará os controis co triplo de patrullas habituais durante as dúas noites de celebración. O obxectivo é evitar que se poidan organizar fogueiras en espazos nos que este ano debido ao Covid está prohibido ao non poder garantir a seguridade e o cumprimento das normas de distancia interpersoal. Tamén o servizo de Emerxencias de Sanxenxo estará vixiante durante ambas as noites.
 
0
0
0
s2sdefault