Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PROFUNDA NA PRIORIDADE PEONIL DO PASEO DE SILGAR COA COLOCACIÓN DE TRES GRANDES XARDINEIRAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
 
O obxectivo é a procura dunha contorna máis humanizada onde se incida na preferencia do peón sobre o vehículo
 
Tras un ano de prioridade peonil no Paseo de Silgar cun resultado moi positivo, o goberno local deu un paso máis na humanización da contorna coa colocación de tres xardineiras de gran tamaño situadas no cruzamento en forma de triángulo. 
 
O principal obxectivo é lembrar aos vehículos a motor que se atopan nunha zona de velocidade a 20 quilómetros por hora e que o peón ten sempre preferencia. Trátase, ademais de embelecer a contorna, reforzar con "sinais" verticais a pintura horizontal que delimita o espazo humanizado.
 
As xardineiras instaladas nas últimas horas combinan un acivro e adaptable (Ilex crenata) e unha planta colgante cunha floración prolongada no tempo (Surfinias).
 
O goberno destaca que a prioridade peonil posta en marcha no Paseo de Silgar o pasado verán coincidindo coa pandemia son medidas que "chegaron para quedar e para continuar gañando espazos para vos peóns".
0
0
0
s2sdefault