Concello de Sanxenxo - SANXENXO CENTRALIZA ESTE VERÁN NO PORTO DEPORTIVO E EN BALTAR OS DOUS PUNTOS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
 
A oficina situada en O Vinquiño trasládase a Portonovo coincidindo coas obras previstas de desdobramento no ramal de saída da vía rápida cara Sanxenxo
 
O porto deportivo de Sanxenxo e Baltar acollerán este verán os dous puntos de información turística do municipio. A oficina situada en O Vinquiño trasládase a Portonovo coincidindo coas obras previstas de desdobramento no ramal de saída da vía rápida cara a Sanxenxo. 
 
Operarios municipais encargáronse esta mesma mañá da instalación da nova oficina que estará aberta a partir da próxima semana en horario de mañá e tarde, de luns a sábado, de 10 a 14 horas e de 16:30 a 20 horas, e os domingos, de 10 a 14 horas. Debido á súa antigüidade, a caseta de madeira que até agora funcionaba como oficina de turismo levouse ao Punto Limpo. 
 
O verán pasado debido á pandemia só se mantivo aberta a do porto deportivo de Sanxenxo que recibiu desde xullo a setembro a 2140 visitantes. O verán anterior, en 2019, polo tres oficinas pasaron 7.488 persoas 
 
Na tempada estival de 2019, polas tres oficinas pasaron un total de 7.488 visitantes, 6.712 procedentes do territorio nacional e 776, de territorio internacional. 
 
0
0
0
s2sdefault