Concello de Sanxenxo - SANXENXO ABRE MAÑÁ O SERVIZO DE SALVAMENTO E SOCORRISMO EN 6 PRAIAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
 
Os 13 areais que acostumaban pechar este servizo o 31 de agosto este ano prolongarano ata mediados de setembro         
 
Silgar, Areas, Canelas, Montalvo, Baltar e A Lanzada contarán con socorristas e sanitarios a partir de mañá. No resto dos areais non se vai a esperar ao 1 de xullo como viña sendo habitual, iranse abrindo os postos de vixilancia a partir do luns 28. A xestión do goberno conseguiu en poucos días mellorar incluso as prestacións que contemplaba o concurso público.    
 
A anticipación da apertura dalgunhas praias e os contratos de 3 meses que se están facendo a todo o persoal de salvamento van permitir que as 17 praias con bandeira azul este verán dispoñan de socorristas durante máis días do habitual. Así, as 13 praias que outros veráns finalizaban o servizo o 31 de agosto, este ano van prolongalo ata mediados de setembro, polo que os días perdidos vanse a recuperar.  
 
O número de días que unha praia ten socorristas é moi relevante, pero non o é menos a calidade do servizo que se presta, para o que é necesario un equipamento sanitario completo e profesionais moi formados. O ano pasado o Concello adquiriu novos materiais, de forma que as 17 praias con bandeira azul dispoñen de desfibrilador, balón resucitador, botella de osíxeno e mochila de emerxencia que permite saír a atender calquera accidente coa maior rapidez e coa garantía de que levas todo o necesario. 
 
Ademais, os módulos de salvamento teñen padiola anfibia, materiais de curas e inmobilizacións e os medicamentos de primeira asistencia. Grazas ao equipamento sanitario e á profesionalidade dos máis de 70 socorristas e sanitarios que atenden as praias a Adeac outorgou a Sanxenxo un recoñecemento especial á calidade do servizo de salvamento e socorrismo, distintivo que se entrega unha soa vez e que no caso de Sanxenxo foi o ano pasado.                
 
0
0
0
s2sdefault