Concello de Sanxenxo - O NOVO MODELO DE QUIOSCO CUNHA CALIDADE E ESTÉTICA MÁIS COIDADA COMEZA A INSTALARSE NOS AREAIS DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
 
Turismo de Sanxenxo adxudicou esta mañá os das praias de Silgar e Canelas a través dun proceso negociado sen publicidade
 
O novo modelo de quiosco cunha calidade e estética máis coidada xa comezou a instalarse nas praias de Sanxenxo como Areas á que nos próximos días sumaranse o resto de areais con este servizo como Baltar, Pragueira, Paxariñas, Foxos, Canelas e Silgar. Estas dúas últimas foron adxudicadas esta mesma mañá por Turismo de Sanxenxo a través dun proceso negociado sen publicidade. En Silgar haberá 2 quioscos e en Canelas, 1.  Xunto aos quioscos empezarán tamén a funcionar o servizo de tumbonas e hidropedales. Montalvo e Major están pendentes de entrega de documentación para a súa adxudicación.
 
As praias con este servizo contarán este ano cunhas instalacións unificadas pola calidade, pero tamén polas gamas de cores que van desde os tostados, aos brancos e grises. Unhas cores que marcarán o mobiliario dos areais formados por tumbonas e parasoles. No caso de Silgar que este ano, debido a que a situación sanitaria é diferente, non contará coa delimitación por cuadrículas, pero entre cada conxunto de 2 tumbonas e unha parasol, deberá existir un espazo para garantir a distancia de seguridade. En total colocaranse 360 tumbonas e 180 parasoles.
 
0
0
0
s2sdefault