Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PORÁ EN MARCHA UN SERVIZO DE CONSULTA PERSONALIZADA PARA OFRECER SOLUCIÓNS AOS VECIÑOS SOBRE A CONEXIÓN A INTERNET
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O inventario de telecomunicacións permite indicar a dispoñibilidade a curto e medio prazo das redes de fibra óptica e das opcións inmediatas con telefonía móbil, segundo a zona do municipio
 
O Concello de Sanxenxo xa dispón dun documento que lle permite contar cun diagnóstico real da situación das redes de telecomunicacións no municipio. O pasado mes de abril o goberno local decidiu, tras varios encontros infrutuosos con operadoras de telefonía, e a pesar de non ter competencias na materia, encargar un inventario das infraestruturas de telecomunicacións existentes no concello co obxectivo de pór solución aos problemas de conexión a internet e axilizar o despregamento de fibra óptica en todo o territorio municipal.
 
Un minucioso traballo no que se catalogan ata 1.978 elementos entre postes, caixas de fachada e arquetas nas 119 entidades singulares de poboación. A información solicitada permite pór en marcha durante os meses de xullo e agosto un servizo municipal único de consulta personalizado para que os veciños poidan coñecer as redes dispoñibles na contorna da súa vivenda no momento actual, a curto e medio prazo e poderáselles informar as solucións inmediatas e futuras para mellorar o seu servizo.
 
Para iso, o veciño deberá enviar ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. a dirección ou a referencia catastral da súa vivenda que permitirá situala no plano e utilizando a aplicación do inventario analizaranse as redes da súa contorna. Con esta información, indicaráselle a dispoñibilidade de redes, pero tamén posibles solucións ponte con tecnoloxía móbil perfectamente válidas para problemas particulares de vivendas, empresas, hoteis ou restaurantes.
 
En canto á situación actual dos despregamentos de fibra óptica no municipio, o inventario distingue dúas zonas con distinta implantación:
 
  • As zonas urbanas de Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga e o parque empresarial de Nantes dispoñen de polo menos un operador (Telefónica, Orange e R), así como acometidas de cobre, o que permitirá que se poida dar servizo de fibra óptica sen dificultades técnicas adicionais.
  • Nas zonas rurais, as infraestruturas de banda ancha son na súa gran maioría fibra óptica de Telefónica instalada en postes, salvo unha pequena zona na contorna de Canelas e Paxariñas, na que aparece tendido aéreo por postes de Naturgy de fibra óptica de R.
Máis información
 
A maior parte do Concello dispón de acceso a banda ancha, pero hai importantes zonas que carecen do servizo, destacan Noalla, practicamente a totalidade da parroquia, algunha zona puntual de Vilalonga, Nantes, Bordóns, Dorrón e algunhas rúas das vilas de Sanxenxo e Portonovo.
 
As previsións dos Plans de Expansión de Banda Ancha (PEBA) sobre estas zonas que carecen de fibra óptica son as seguintes:
 

ZONA

PLANS

REMATADO

 

Dorrón: Barreiro, Casal e Torre

PEBA 2020 en execución

2021

Bordóns: Sear, O Outeiro

PEBA 2020 en execución

2021

Dorrón: Recarei, Feixeiro, Iglesia

PEBA 2021 sen executar

2022

Vilalonga: Empalme, O Vilar

PEBA 2021 sen executar

2022

Noalla: entorno da Lanzada

PEBA 2021 sen executar

2022

Sanxenxo e Portonovo algunhas rúas

Operadoras en execución

2021

Parque empresarial Nantes

Operadoras en execución

2021

Noalla: Os Caseiros,Codesal, Salgueiro do Mato,Iglesia, Cova de Pazos, Tramalleiro, O Pombal, Mourelos, Quintans, Telleiro, Fonte de Ons e A Revolta

Nantes: Contumil e A Revolta

Gondar de Arriba 

O Concello presentou alegacións para incluir estos lugares en PEBA 2021

Se admiten as alegacións en 2022 e senón            en 2023

0
0
0
s2sdefault