Concello de Sanxenxo - PORTONOVO CONTA CUNHA NOVA PARCELA DE ESTACIONAMENTO GRATUÍTO PARA 120 VEHÍCULOS A APENAS 150 METROS DO MERCADO DE ABASTOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
A vila volverá ter, a partir do próximo luns 5 de xullo, unha zona libre do varadero no porto con 80 prazas
 
Portonovo conta cun novo estacionamento disuasorio gratuíto no centro da vila. A apenas 150 metros do mercado de abastos, o goberno logrou chegar a un acordo cos propietarios dunha parcela de 2.800 metros cadrados na Xunqueira con capacidade para 120 vehículos. Deste xeito, increméntanse as bolsas de aparcadoiro en Portonovo, un servizo moi necesario na tempada estival. Un ano máis o Concello renovou o convenio con Portos de Galicia para que a zona do varadero do porto portonovés deixe para aparcadoiro e acceso libre un total de 80 prazas. Esta bolsa de estacionamento estará operativa desde o vindeiro luns 5 ata o mes de setembro. 
 
A vila conta, ademais, co aparcadoiro da Perla con capacidade para máis de 200 coches aos que hai que sumar 250 prazas máis na contorna da piscina e os campos de fútbol. A boa disposición da Confraría de Portonovo permitirá utilizar durante os fins de semana outra ampla zona, a da contorna da lonxa e o espigón con ao redor de 100 prazas. Son en total 750, a maiores das dispoñibles nas rúas de Portonovo. 
 
En Sanxenxo, o goberno mantén o acordo da cesión do terreo con propietarios dunha parcela situada na Rúa Vigo, con capacidade para 100 vehículos, e da parcela en Progreso, á altura da nova rotonda, no cruce coa Rúa Castelao, onde poden estacionar 240 coches. 
 
Durante este verán manterase tamén o que xa está operativo na Rúa Progreso, na confluencia con Rúa Cesteiros, con capacidade para 72 vehículos; a bolsa de aparcadoiro de detrás da igrexa do Templo Novo con 153 prazas e o que se atopa nunha parcela de O Tombo na que poden estacionar ata 240 vehículos. Ás prazas de estacionamento gratuítas súmanse as 340 de pago do parking Nauta e a Praza do Mar, e as dispoñibles no estacionamento de Fonte de Ramos, tamén de pago. En total, se se suman as libres e de pago, son unhas 1.145 prazas.
0
0
0
s2sdefault