Concello de Sanxenxo - A PRAIA DE BALTAR AMPLÍA A SÚA OFERTA LÚDICA E DEPORTIVA CON CATRO PISTAS E UN PARQUE ACUÁTICO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os tres campos de voleibol e un de fútbol 5 acollerán torneos con disciplinas deportivas sen contacto durante as fins de semana
 
A praia de Baltar contará este verán cunha ampla oferta lúdica e deportiva. Tres pistas de voleibol e unha de fútbol praia xa se atopan delimitadas para a práctica deportiva nun dos accesos situado nun extremo do areal urbano. Os campos que son de uso libre acollerán durante as fins de semana torneos de disciplinas sen contacto como voleibol, futvoley e tenis praia. Os interesados en participar poderán inscribirse a través da páxina www.verandeportivo.com . O obxectivo do Concello de Sanxenxo é incrementar a oferta de actividades municipais e fomentar a práctica deportiva ao aire libre.
 
A concesionaria do parque acuático, Newportsunbeach, abrirá ao público a partir de mañá en horario de 11:30 a 20:30 horas. As instalacións contan cunha superficie de 1.750 metros cadrados con rocódromos, tirolinas, bolos de equilbrio. Túneles e tobogáns de distinto tipo. O aforamento estará limitado a 50 persoas por quenda de uso e o acceso poderase realizar a nado ou en embarcación. A lámina de auga na que se atopa a instalación está valada para garantir a seguridade do parque. Os usuarios deben ter 5 anos ou medir máis de 90 centímetros.
 
Parking do varadero de Portonovo
 
Desde esta mesma mañá, o varadero do porto de Portonovo xa conta cun espazo libre para aparcadoiro cunha capacidade para máis de 80 vehículos. O uso deste espazo prolongarase durante a tempada estival grazas a un convenio asinado entre o Concello de Sanxenxo e Portos de Galicia, que contou coa boa disposición da Confraría de Pescadores de Portonovo.
 
Este parking gratuíto resulta moi importante para a actividade económica, especialmente hostaleira, que se desenvolve ao longo da Avenida Rafael Picó, pero tamén para o resto da vila mariñeira.
0
0
0
s2sdefault