Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PON EN MARCHA UN OPERATIVO DE LIMPEZA DE CAMIÑOS E PISTAS NO RURAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O novo equipo de Prevención incorporouse esta mesma semana á Concellería de Medio Ambiente
 
Sete equipos formados por 14 operarios encárganse desde fai un par de semanas da limpeza e roza dos camiños e pistas do rural das parroquias. Os traballos realízanse de forma manual e coa axuda de tres rozadoras, dúas a tempo completo e unha, a da Mancomunidade do Salnés, de forma periódica.
 
A Concellería de Medio Ambiente, dirixida por Juan Deza, realiza todos os veráns unha mobilización intensiva de limpeza no centro das vilas e no rural das sete parroquias. En xeral, o traballo inclúe a eliminación de maleza, así como a limpeza de beirarrúas e desaugadoiros pluviais que poidan estar atrancados. Ademais dos camiños municipais, esta operación tamén inclúe o mantemento e limpeza de parques infantís rurais,
 
A maquinaria e parte do persoal desprazarase esta semana ao parque empresarial de Nantes para acondicionar a contorna do Con da Romaíña, así como os espazos e parcelas públicas e municipais. Os traballos realizaranse de forma manual con pequena maquinaria en zonas sensibles ou de difícil accesos e coa rozadora.
 
Este luns incorporáronse ao departamento de Medio Ambiente os efectivos procedentes do servizo municipal de Emerxencias que se encargarán das tarefas de prevención para evitar incendios e inundacións. O operativo céntrase agora na limpeza de tubaxes de auga para evitar desbordamentos e anegaciones durante as choivas de inverno. Estas tarefas darán paso á limpeza de zonas de monte e puntos de verteduras ilegais que xeran un grave risco de incendio, así como unha agresión ao medio ambiente.
0
0
0
s2sdefault