Concello de Sanxenxo - O CICLO DE CONCERTOS DE "OS SONS DO MAR" ESTRÉASE ESTA FIN DE SEMANA NA PRAZA DO MAR CON SEBASTIÁN YATRA, ANA MENA E OMAR MONTES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
 
O Concello de Sanxenxo e a organización asinaron un convenio para a cesión do espazo no que se garante o cumprimento do protocolo sanitario actualmente en vigor
 
A Praza do Mar converterase no escenario da estrea do ciclo de concertos "Os Sons do Mar" con artistas de talla internacional como Sebastián Yatra, que actuará o sábado con tódalas entradas vendidas, e Ana Mena e Omar Montes, que o farán o domingo, con entradas aínda dispoñibles. A cantante Vanesa Martín encargarase de pór o broche de ouro ao ciclo de concertos o próximo 16 de xullo. Tres eventos que se desenvolverán baixo un estrito protocolo que garanta o cumprimento das medidas sanitarias actualmente en vigor, tal e como aparece reflectido no convenio asinado entre a organización das citas musicais e o Concello de Sanxenxo para a cesión do espazo.
 
As portas abriranse as tres xornadas ás 20 horas para facilitar o acceso ordenado ao recinto que estarán dividido en catro zonas, cada unha delas contará con acomodadores que se encargarán de acompañar aos asistentes ás cadeiras. O público deberá permanecer sentado, mantendo a distancia interpersoal, en caso de non ser convivientes, e con máscara. Na entrada ao recinto haberá un punto de control para o rexistro de datos e localización de tódalas persoas asistentes. Tanto nos accesos como nos distintos puntos do espazo haberá xel hidroalcohólico para a desinfección de mans. As entradas e saídas estarán debidamente sinalizadas cun mapa para evitar aglomeracións. En todo o recinto estará prohibido fumar.
 
A organizadora do ciclo "Os Sons do Mar" destinará á Fundación Ecomar, presidida pola medallista de vela olímpica Theresa Zabel, unha parte da recadación neta dos concertos co obxectivo de apoiar o traballo e as accións da fundación ao longo do ano na costa galega para a limpeza de mares, costas e océanos. 
 
Os interesados en adquirir entradas de concertos aínda con dispoñibilidade poderán facelo en www.enterticket.es.
 
0
0
0
s2sdefault