Concello de Sanxenxo - NANTES ACOLLE ESTE DOMINGO A FINAL DA LIGA ATLÁNTICA DE BILLARDA CON REPRESENTANTES DE TODA GALICIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Nantes acollerá o vindeiro domingo a final da liga Atlántica de Billarda cun total de 94 participantes de toda Galicia. A xornada comezará pola mañá, ás 11 horas, coa final Individual Infantil, na que 10 nenos e nenas mostrarán as súas habilidades no xogo. A continuación, ás 12 horas, celebrarase a final de Varados con só 6 participantes. A proba consiste en introducir a madeira pola portaría cun só golpe.
 
Ás 12:30 horas será a final de equipos, Lúa de Forza, o grupo sanxenxino deberá medirse nesta categoría con outros catro equipos de Marín, Bueu e Laracha. Pola tarde, a actividade dará comezo ás 16 horas coa final Individual Feminina con 16 participantes. A xornada concluirá coa Individual Absoluta disputada polos mellores homes e mulleres das conferencias Noroeste e Rías Baixas. En total, 32 xogadores mostrarán a súa pericia na billarda.
 
As instalacións de billarda habilitáronse na contorna do parque e colexio de Nantes a finais do ano pasado dando resposta a unha demanda crecente no municipio e como apoio a un deporte tradicional e interxeracional. A actividade non cesou desde entón, ao tratarse dun deporte ao aire libre, e o campo está recoñecido como un dos mellores de Galicia.
 
 
 
 
0
0
0
s2sdefault