Concello de Sanxenxo - O CONCELLO REFORZARÁ O PERSOAL DE LIMPEZA DOS COLEXIOS O PRÓXIMO CURSO ESCOLAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
Unha brigada de 8 traballadoras realizará durante todo este mes unha profunda limpeza e desinfección dos centros educativos
 
O Concello de Sanxenxo reforzará o próximo curso escolar o persoal destinado á limpeza de colexios para poder responder de forma óptima aos seis centros educativos. Así, incrementarase con dous traballadores máis o actual persoal formado por 25, o que suporá un custo total de 277.828 euros. Nesta partida non se inclúen os gastos de produtos, material e maquinaria de limpeza.
 
O goberno acordou, ademais, iniciar esta mesma mañá unha profunda limpeza e desinfección dos centros educativos de Sanxenxo que se prolongará ata o inicio do próximo curso escolar o 9 de setembro. Coas obras de mantemento e conservación realizadas nos distintos colexios, decidiuse adiantar as tarefas e profundar na higienización dos espazos.
 
Destes traballos encargarase unha cuadrilla formada por oito traballadoras que esta mesma mañá iniciaron as tarefas de limpeza no CEIP Magaláns de Dorrón. A partir de mañá, esta brigada desdobrarase e destinaranse tres limpadoras ao novo colexio de O Revel xa que a partir de mediados de mes está prevista a chegada do novo mobiliario e material ao centro. As outras cinco traballadoras continuarán polos colexios de Nantes, Telleiro e A Florida ao longo de todo o mes
 
O inminente inicio das obras no CEIP de Portonovo obrigou a pospor a limpeza no centro ata que sexa posible. Nestes momentos, está a realizarse o pulido de chans, pero está prevista unha reforma integral do centro de case 800.000 euros por parte da Consellería de Educación. O Concello de Sanxenxo deu a semana pasada en comisión de Urbanismo a licenza para executar estas obras que inclúen a renovación da cuberta, do mesmo xeito que as xanelas e a iluminación.
 
0
0
0
s2sdefault