Concello de Sanxenxo - O PASEO DE SILGAR ACOLLERÁ O PRÓXIMO 29 DE AGOSTO A XXI MILLA VILA DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Paseo de Silgar acollerá o próximo 29 de agosto a XXI Milla Vila Urbana. A proba trascurrirá, como é habitual, no tramo do paseo entre a Avenida Luis Rocafort e Luis Vidal Rocha. Como cada ano a proba está federada e a inscrición será gratuíta. Os interesados en participar poderán inscribirse antes do 26 de agosto na web www.championchipnorte.com
 
Os participantes agruparanse en diferentes categorías en función do seu ano de nacemento para percorrer 200, 400 ou 800 metros e, a partir da categoría xuvenil, serán os 1.609 metros da milla. 
 
En canto aos premios, o primeiro clasificado recibirá un trofeo e os segundos e terceiros, unha medalla. Na categoría Milla Concello de Sanxenxo haberá premio en metálico cun total de 1.950 euros, a repartir entre o primeiro e quinto clasificado das categorías masculina e feminina.
 
A inscrición na cita é gratuíta e xa hai un total de 22 persoas anotadas.
0
0
0
s2sdefault