Concello de Sanxenxo - AS VISITAS ÁS OFICINAS DE TURISMO CRECEN EN XULLO MÁIS DUN 25% E UN 45%, RESPECTO DE 2019 E 2020
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A procedencia da maior parte do número de visitantes nacionais é Madrid e Castela León, mentres que a nivel internacional é Francia e Portugal
 
 
Un total de 2.458 persoas visitaron durante o mes de xullo as dúas oficinas de turismo instaladas no porto deportivo de Sanxenxo e Portonovo. Unha cifra superior á rexistrada en 2020, concretamente un 45%, pero tamén un 25% máis respecto de xullo de 2019, a pesar de ser o segundo mellor ano de cifras turísticas do municipio e contar cunha oficina máis en O Vinquiño.
 
En canto á procedencia, o 95% de persoas que visitaron as oficinas o pasado mes procedían do territorio nacional, concretamente das 17 comunidades autónomas. Madrid (598), Castela León (390), Galicia (262) e o País Vasco (257) son as orixes máis repetidas entre os visitantes, pero tamén de Asturias (214) e Castela A Mancha (138). Tamén se rexistraron turistas internacionais procedentes de 18 países diferentes, pero os máis numerosos procedían de Portugal (41), Francia (32), Alemaña (16) e Italia (16).
 
Na maioría das visitas, solicitouse información sobre o municipio e lugares de interese (60,71%) e, en menor medida, de planos, viaxes a illas e rutas de sendeirismo. En canto á idade dos turistas que acudiron ás dúas oficinas de Sanxenxo, a maioría sitúanse entre 35 a 60 anos (1.054), maiores de 60 (614), menores de 18 (557) e 18 a 35 anos (233).
 
Na base de datos que realizan en Turismo de Sanxenxo recóllense datos sobre o tipo de aloxamento elixido polos visitantes que pasaron polas dúas oficinas turísticas. Así, o 46,02% aloxáronse en hoteis, o 28,4% en apartamentos e o 10 % no medio de transporte (barco, caravana ou furgoneta).
0
0
0
s2sdefault