A atención personalizada manterase ao longo de todo este mes a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O servizo de información sobre o despregamento de fibra óptica e conexión internet activado polo Concello de Sanxenxo recibiu desde o pasado mes de xullo un total de 66 consultas. A través dun inventario de telecomunicacións encargado polo goberno local, Sanxenxo xa dispón dun documento que lle permite contar cun diagnóstico real da situación. Neste documento catalóganse ata 1.978 elementos entre postes, caixas de fachada e arquetas nas 119 entidades singulares de poboación.
A información solicitada permitiu pór en marcha durante os meses de xullo e agosto un servizo municipal de consulta personalizado para que os veciños poidan coñecer as redes dispoñibles na contorna da súa vivenda no momento actual, a curto e medio prazo e poderáselles informar das solucións inmediatas e futuras para mellorar o seu servizo, hoteis ou restaurantes
Para acceder a estes datos, calquera veciño que o desexe debe enviar un electrónico a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., onde indicará a dirección ou a referencia catastral da súa vivenda para poder analizar as redes da súa contorna. Con esta información, indicaráselle a dispoñibilidade de redes e tamén as posibles solucións ponte con tecnoloxía móbil perfectamente válidas para problemas particulares de vivendas, empresas, hoteis ou restaurantes.
En canto á situación actual dos despregamentos de fibra óptica no municipio, o inventario distingue dúas zonas con distinta implantación:
- As zonas urbanas de Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga e o parque empresarial de Nantes dispoñen de polo menos dun operador (Telefónica, Orange e R), así como acometidas de cobre, o que permitirá que se poida dar servizo de fibra óptica sen dificultades técnicas adicionais.
- Nas zonas rurais, as infraestruturas de banda ancha son na súa gran maioría fibra óptica de Telefónica instalada en postes, salvo unha pequena zona na contorna de Canelas e Paxariñas, na que aparece tendido aéreo por postes de Naturgy de fibra óptica de R.