Concello de Sanxenxo - O CERTAME DE PINTURA AO AIRE LIBRE DE ARRA DUPLICA O NÚMERO DE PARTICIPANTES NA SÚA SEXTA EDICIÓN
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O xurado destacou a calidade das obras que se presentaron nos dous apartados do concurso

O Certame de Pintura ao Aire Libre de Arra continúa crecendo tanto en número de participantes como na calidade das obras que se presentan ao concurso. A cita logrou na súa sexta edición alcanzar os 60 participantes chegados desde distintos puntos da localidade e de España, duplicando a cifra da edición anterior.

O patio do Priorado de Arra converteuse na tarde de onte no escenario dunha exposición das obras gañadoras de certames anteriores, deixando reservada a entrada á entrega dos premios que este ano a organización, a Asociación Cultural San Cayetano de Arra en colaboración co Concello de Sanxenxo, decidiu incrementar para recompensar o talento e o esforzo que se mostra en cada edición.

O xurado estuvo representado pola concelleira de Cultura Paz Lago, Ana Cancela. Maria Jesús Vázquez Martínez, Raúl Gil, Jesús Alberto Martínez e Bruno Vidal Torres. Tódolos membros coincidiron na "alta calidade" dos cadros realizados en apenas unhas horas.

Na categoría de adultos, o primeiro premio de 800 euros recaeu en Isabel Seidell, o segundo, en Manuel Carballeira con 400 euros e o terceiro, en Carlos Espiga Alonso con 250 euros. No apartado infantil, o primeiro premio ata 12 anos, dotado con 100 euros foi para Ángela Martín e o segundo, de 50 euros, foi para Isabella Martínez. O primeiro premio para participantes con idades comprendidas entre 13 e 16 anos foi para Sara Martínez con 150 euros.

0
0
0
s2sdefault