Concello de Sanxenxo - GISELA, ANDY E LUCAS E LYS PARDO ACTUARÁN NAS FESTAS PATRONAIS DE PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A cita festiva recupera a tirada de fogos de artificio de Baltar que poderán desfrutarse desde distintos puntos do municipio
 
As celebracións litúrxicas e a música serán as protagonistas nas festas patronais de Portonovo con catro concertos nocturnos, charangas e alboradas. Un programa co que se busca retomar aos poucos a normalidade con actividades seguras nas que se aplicará o protocolo anticovid e no que, un ano máis, debido á situación sanitaria, non se realizará a sardiñada popular na contorna da lonxa nin tampouco haberá atraccións. 
 
O varadoiro do porto é o lugar elixido para os catro concertos previstos de América de Vigo, Lys Pardo, Andy e Lucas e Gisela. A asistencia será libre, atendendo ás medidas sanitarias e con capacidade limitada a 450 cadeiras cumprindo cos protocolos, sen necesidade de reservar entradas para evitar que as reservas provoquen asentos baleiros se ao final os espectadores non poden asistir. 
 
A actividade arrincará o vindeiro domingo, día 15, co Día da Nosa Señora, cunha salva de bombas que indicará o inicio das festas.  As alboradas da xornada estarán protagonizadas polos grupos Lembranzas, Os Gatiños e a charanga Encerellados. Ás 13 horas, celebrarase a misa solemne e pola noite América de Vigo encargarase pór o broche á xornada cun concerto.
 
O vindeiro luns, 16, coincidindo coa celebración de San Roque a actividade dará comezo con alboradas a cargo de Lembranzas e Os Gatiños. Ás 13 horas a casa de Don Fernando acollerá un concerto da Banda de Música de Meaño. Ás 18 horas, a Charanga NBA percorrerá a partir das 18 horas as rúas de Portonovo. Ás 20 horas, celebrarase a misa solemne para honrar a San Roque cantada pola Coral Santa María de Adina e o final dos fogos. Ás 21 horas, a capela de San Roque acollerá un concerto da Banda de Música de Meaño. A partir das 22:15, Lys Pardo ofrecerá un concerto homenaxe a Juan Pardo.
 
Ás doce da noite realizarase a tirada de fogos de artificio desde un extremo da praia de Baltar cun espectáculo de luces cunha duración de quince minutos que poderá gozarse desde distintos puntos do municipio para evitar aglomeracións.
 
O dúo gaditano Andy & Lucas actuará o próximo 17, Día da Carmen, ás 23 horas. A xornada comezará coa tradicional salva de bombas e alborada a cargo de Os Gatiños e Lembranzas, Ás 13 horas, a Banda de Música de Redondela ofrecerá un concerto na curva dos taxis. A partir das 18 horas volverá a música á rúa a cargo da Charanga Mil Nove. Ás 20 horas, celebrarase a misa solemne en honra á Virxe do Carme cantada pola coral Santa María de Adina. O parque de O Espiñeiro acollerá ás 20 horas o concerto da Banda de Música de Redondela.
 
O Día do Can de San Roque, o 18 de agosto, a xornada comezase coas alboradas dos grupos Lembranzas e Os Gatiños. Ás 18 horas, será a quenda da charanga A Cabeza Non Para. Ás 18 horas celebrarase o tradicional concurso do Pau de Sebo. A partir das 22 horas, a artista catalá e exconcursante de Operación Triunfo, Gisela, ofrecerá un concerto pensado para nenos.
 
0
0
0
s2sdefault