Concello de Sanxenxo - O PUNTO DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE DROGAS TRASLÁDASE O 12 E 13 DE AGOSTO A SANXENXO E PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Un ano máis desde Servizos Sociais e en colaboración con Marexada. Deporte, Lecer e Cultura desenvolverase unha campaña con actividades previstas no Programa de prevención do consumo de drogas en espazos públicos da Consellería de Sanidade.
 
A actividade realizarase os días 12 e 13 de agosto en horario de 21:30 a 1 da madriugada en Portonovo e Sanxenxo. Dada a situación sanitaria actual, as intervencións realizaranse con mochilas de modo itinerante, para evitar aglomeracións nun determinado punto, polas zonas habituais de lecer nocturno de ambas as vilas.
 
Trátase de ofrecer información aos mozos sobre prevención de condutas adictivas (procedencia, consecuencias, mitos...) no lecer nocturno, coa finalidade de evitar e reducir o inicio e a consolidación do consumo de sustancias psicoativas. Realizaranse tamén enquisas anónimas e distribuiranse diversos materiais informativos (camisetas, pulseiras, chapas, dípticos...).
 
0
0
0
s2sdefault