Concello de Sanxenxo - A PISCINA E O XIMNASIO MUNICIPAIS REABRIRÁN O VINDEIRO SÁBADO CO AFORO AO 50%
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Co paso de Sanxenxo de nivel máximo a alto, a partir do próximo sábado reabriranse a piscina e o ximnasio municipais co aforo ao 50% como indican as restricións vixentes. As instalacións manterán as medidas anticovid como ata agora. Aos socios das instalacións non se lles pasará o recibo do mes de agosto como compensación polos días perdidos polo peche obrigado durante o mes de xullo o que supón 7 días a maiores dos non desfrutados o pasado mes.

A limitación de aforo ao 50% implicará reducir o ximnasio a 27 persoas, a piscina grande a 38 e a pequena a 9, e os jacuzzis a 2 persoas. Os socios poderán realizar a reserva do espazo a partir do próximo luns a través da aplicación para unha maior comodidade. En canto aos cursos de natación, prevese que en setembro xa se dispoña dos calendarios para que as persoas póidanse ir inscribindo.

En canto aos horarios, o sábado abrirán de 9:30 a 14 horas; o domingo, de 10 a 14 horas; o luns, festivo local, de 7:45 a 15 horas e a partir do martes, 17, no seu horario habitual.

0
0
0
s2sdefault