Concello de Sanxenxo - O CONCELLO REPARA E MELLORA CON CASE 200 PLANTAS A FONTE SITUADA NA RÚA CALVARIO EN PORTONOVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Conclúe a obra de acondicionamento dun dos accesos de saída da praia de Canelas coa creación de 8 novas prazas de aparcadoiro
 
O goberno continúa coa mellora dos espazos públicos do municipio. A súa última actuación, que está a piques de concluír, é a reparación e embelecemento da fonte situada na Rúa Calvario de Portonovo. Persoal da Concellería de Medio Ambiente, dirixida por Juan Deza, ultima estes días o axardinamento do espazo cun total de 179 plantas de distinto tipo mentres se conclúe o arranxo da fonte que xeraba importantes gastos de auga debida a un fallo no seu funcionamento. 
 
A partir de agora, a auga discorrerá por un regato de pedra rodeado de plantas e arbustos nun circuíto pechado e dimensionado ás necesidades da fonte que evitará un consumo innecesario de auga. 
 
Outra actuación en Portonovo que permitiu mellorar un dos accesos da praia de Canelas e que xa está concluída é o ensanche do viario de saída do areal. O acordo de cesión coa propietaria do terreo limítrofe co camiño permitiu mellorar a seguridade viaria e reordenar a contorna coa creación de 8 novas prazas de aparcadoiro e unha senda peonil delimitada.
 
Neste areal tamén se concluíron onte os traballos de substitución da varanda das escaleiras, que era de ferro e atopábase moi desgastada, por unha de aceiro inoxidable. 
 
 
0
0
0
s2sdefault