Concello de Sanxenxo - O CONCELLO RENOVA A FROTA DE VEHÍCULOS DA POLICÍA LOCAL CON 5 NOVOS COCHES HÍBRIDOS, MÁIS RESPECTUOSOS CO MEDIO AMBIENTE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
 
O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Jaime Leiro, presentaron esta mañá os novos modelos no parque empresarial de Nantes 
 
A Policía Local de Sanxenxo renova a súa frota coa incorporación de cinco novos vehículos patrulla con sistema híbrido que impulsará o servizo e mellorará a resposta á cidadanía. O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Jaime Leiro, presentaron onte os novos coches no parque empresarial de Nantes onde está previsto que se sitúe a futura sede da Policía Local. "Estes novos cinco vehículos demostran o compromiso de Sanxenxo coa seguridade cidadá, pero tamén co medio ambiente", explicou.
Estes novos coches, máis eficientes e respectuosos co medio ambiente, substituirán a outros cinco con máis de dez anos de antigüidade e con numerosas avarías acumuladas. Dous destes vehículos xa foron entregados ao módulo de Automoción do IES Vilalonga para que os alumnos poidan realizar prácticas de mecánica. O investimento total ascende a 196.857 euros, que inclúe o renting dos vehículos durante os próximos 48 meses. Esta modalidade supón unha vantaxe porque inclúe o mantemento integral, reparación e seguro a todo risco sen franquía durante o período do contrato.
O alcalde destacou o importante esforzo que realiza o Concello para conseguir que Sanxenxo sexa un municipio e un destino seguro. "En xullo e agosto convertímonos na terceira cidade de Galicia e iso exixe un gran esforzo en contratación de persoal e medios para garantir a seguridade.  Ademais, hai outros 4 meses nos que superamos as 20.000 persoas. Como Sanxenxo hai outros concellos de España que multiplican a súa poboación durante ou verán", indicou. Ante esta situación, Martín expuxo publicamente abrir un debate sobre a necesidade de que en Sanxenxo a seguridade se reforce con Policía Nacional. "É menos necesaria a Policía Nacional nun concello de 17.500 habitantes que no verán supera os 100.000, que nun de 20.001 habitantes cunha poboación que non medra non verán?", expuxo. Un problema, incidiu, que o comparten numerosos municipios galegos, pero tamén españois nun país no que o Turismo supón o 14% do PIB. "A idea non é contar cunha comisaría en Sanxenxo para a tramitación do DNI, que está moi ben, pero xa temos Pontevedra e Vilagarcía, senón buscar fórmulas para contar co reforzo da Policía Nacional en determinados momentos do ano", explicou.
0
0
0
s2sdefault