Concello de Sanxenxo - ECOVIDRIO E O CONCELLO DE SANXENXO COMPROMÉTENSE COA VOLTA MÁIS SUSTENTABLE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
Un total de 17 colectores de vidro, coa imaxe da proba, colocaranse ao longo do percorrido
 
O Concello de Sanxenxo, Ecovidrio e "La Vuelta" propuxéronse converterse na edición máis sustentable da historia da competición. Para iso o municipio, protagonista da etapa 20, e Ecovidrio van colaborar colocando 17 colectores no municipio para promover a reciclaxe e concienciar aos seus veciños sobre o coidado do medio ambiente e o impacto que teñen os nosos actos nel. 
 
Ademais, con todos os residuos que se depositen nestes colectores ata o paso da Volta, Ecovidrio deseñará un trofeo sustentable que entregará ao gañador desa etapa o próximo 4 de setembro. 
 
Os concelleiros de Medio Ambiente, Juan Deza, e de Deportes, Daniel Arosa, presentaron o modelo de colector coa imaxe de "La Vuelta" esta mañá na Praza dos Barcos xunto ao xerente da zona de Ecovidrio, Germán Fernández.
 
Para iso, ademais de instalar colectores en Sanxenxo e nas diferentes cidades de Castela e León, Castela-A Mancha, Comunidade Valenciana, Rexión de Murcia, Andalucía, Estremadura, Cantabria, Asturias e Galicia protagonistas das etapas de "La Vuelta" 2021, tamén vai contar cun Pelotón Verde integrado por voluntarios que recollerá os residuos das zonas de maior sensibilidade ambiental ao final de cada unha das 21 etapas da proba. 
 
 
Segundo os últimos datos relativos a 2020, os cidadáns de Sanxenxo reciclaron un total de 552 toneladas de vidro, unha media de 31,7 kg por habitante. O municipio xa conta con 228 colectores de vidro, o que se traduce a unha media de 76 habitantes por colector.  
0
0
0
s2sdefault