Concello de Sanxenxo - A MILLA URBANA DE SANXENXO PECHA A INSCRICIÓN TELEMÁTICA CON 279 ANOTADOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A proba terá un fin solidario xa que os donativos recadados serán entregados a Esperanza Salnés 
 
A inscrición telemática para a Milla Urbana de Sanxenxo pechouse onte con 279 anotados. A Concellería de Deportes, dirixida por Daniel Arosa, reservará 80 prazas para o propio día da proba na que se habilitará un punto na confluencia entre a Avenida Luis Rocafort e o Paseo de Silgar para a entrega de dorsais e inscricións.
 
A proba deportiva terá este ano un carácter solidario xa que os donativos recadados doaranse á asociación Esperanza Salnés asociación que atende as necesidades de nenos con diversidade funcional de distintos puntos da comarca do Salnés.
 
A proba transcorrerá, como é habitual, no tramo do paseo entre a Avenida Luis Rocafort e Luis Vidal Rocha.
 
Como cada ano a proba está federada e a inscrición será gratuíta. Os participantes agruparanse en diferentes categorías en función do seu ano de nacemento para percorrer 200, 400 ou 800 metros e, a partir da categoría xuvenil, serán os 1.609 metros da milla. 
 
En canto aos premios, o primeiro clasificado recibirá un trofeo e os segundos e terceiros, unha medalla. Na categoría Milla Concello de Sanxenxo haberá premio en metálico cun total de 1.950 euros, a repartir entre o primeiro e quinto clasificado das categorías masculina e feminina.
 
0
0
0
s2sdefault