Concello de Sanxenxo - O ALCALDE RECIBE NO SALÓN DE PLENOS DE SANXENXO A 40 MOZOS DE ONCE PAÍSES DENTRO DO PROXECTO ERASMUS +
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, recibiu esta mañá a 40 mozos de 11 países europeos dentro do proxecto Erasmus + "Innovación, cooperación e promoción a través do Diálogo Estruturado". Martín deulles a benvida ao municipio e convidoulles a coñecer as súas praias, a súa gastronomía e a súa riqueza patrimonial. 
 
Durante a visita que estivo promovida pola Asociación Xuvenil Vrenza, os mozos e mozas de Italia, Letonia, Grecia, Portugal, Bulgaria, Polonia, Eslovaquia, Hungría, Croacia, Chipre e España entregaron ao alcalde un detalle conmemorativo do seu país. Mostráronse interesados polos efectos do Covid sobre o turismo ao ser un dos seus motores económicos, a temperatura da auga, o clima... 
 
Os mozos e mozas participantes realizarán actividades de recompilación  de información e suxestións utilizando diferentes ferramentas, de acordo coas súas aptitudes e habilidades con entrevistas, cuestionarios, probas, vídeos en directo ou utilizando a web e as redes sociais sobre diferentes temas, tales como: Democracia participativa, estratexia xuvenil europea, diálogo estruturado, protagonismo xuvenil, traballo xuvenil e apoio a políticas de mocidade a nivel local e europeo ou cooperación internacional.
 
0
0
0
s2sdefault