Concello de Sanxenxo - OS VENDEDORES DOS MERCADILLOS TERÁN DO 1 DE SETEMBRO AO 31 DE OUTUBRO PARA RENOVAR OS SEUS POSTOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os titulares dos postos dos mercadillos de Portonovo e Vilalonga disporán de dous meses para renovar as súas autorizacións, do 1 de setembro ao 31 de outubro. O mesmo prazo que os que estean interesados en contar cun posto en calquera dos dous mercados. A renovación ou a solicitude, así como a presentación da documentación esixida na ordenanza de venda ambulante é obrigatoria: Impreso de solicitude ou renovación cuberto, certificación de Facenda no Imposto de Actividades Económicas, xustificante de estar afiliado á Seguridade Social, carné de manipulador de alimentos, copia do TC2 ou contrato de traballo no caso de ter traballadores e seguro de responsabilidade civil.
 
As solicitudes deberán formularse durante os meses de setembro e outubro de cada ano e serán resoltas durante os meses de novembro e decembro. Se a solicitude de iniciación non reunise os requisitos esixidos requirirase ao interesado para que, nun prazo de 10 días, corrixa a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, teráselle por desistido da súa petición, previa resolución.
 
Para o caso de presentación de solicitudes e documentación esixida de maneira presencial deberán solicitar cita chamando previamente ao número de teléfono 986 720 075.
 
No caso de que queden postos sen adxudicar, poderá autorizarse a súa utilización por aqueles interesados que, cumprindo os requisitos establecidos, así o solicitasen con posterioridade ao referido prazo, atendendo as solicitudes segundo a súa orde de entrada no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo.
 
A falta de pagamento dalgún recibo durante máis dun mes poderá ser causa de revogación da autorización.
0
0
0
s2sdefault