O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, recibiron esta mañá ao portonovés, Adán Güimil, proclamado este fin de semana campión de España de tiro ao prato en Valladolid cunha marca rércord, 198 pratos rotos de 200. Con 29 anos, este veciño de O Fabal logrou pódium en cada unha das competicións deportivas nas que participou desde 2016 con máis dunha decena de premios nas distintas modalidades tanto a nivel nacional como internacional cun segundo posto no V Campionato de Europa de Trap 5 celebrado en Pervidem (Portugal). Tanto Martín como Arosa mostráronlle o seu "orgullo" por manter "sempre unha actitude moi positiva e por todos os logros acadados na súa curta, pero intensa carreira deportiva". Adán Güimil centrarase agora no adestramento no foso olímpico coa mirada posta nos próximos Xogos Olímpicos de París.
O ALCALDE E O CONCELLEIRO DE DEPORTES RECIBEN AO PORTONOVÉS CAMPIÓN DE ESPAÑA DE TIRO AO PRATO, ADÁN GÜIMIL
powered by social2s