Concello de Sanxenxo - O PROGRAMA #AQUEXOGAS? VOLVE AO LECER NOCTURNO DE SANXENXO PARA PREVIR CONDUTAS ADICTIVAS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Mañá venres e o sábado coincidindo coa celebración das festas, establecerase un punto de información itinerante
 
A campaña #aquexogas da Consellería de Sanidade regresa ao lecer nocturno de Sanxenxo para previr condutas adictivas. A actividade que debido ao Covid realizarase de forma itinerante traballará sobre dous eixos fundamentais que teñen como obxectivo reducir e evitar e inicio ou a consolidación do consumo de sustancias psicoactivas e o impacto das consecuencias e problemáticas que este consumo produce na poboación xuvenil.
 
A actividade desenvolverase mañá venres e o sábado entres as 21 horas e a 1 da madrugada con dúas propostas:
  • "Ola, propóñoche un reto!" Unha actividade que se contempla como un primeiro contacto cos participantes aos que se lle proporá un xogo de preguntas tipo Trivial.
  • "Antes de consumir, asegúrate do que NON sabes". Coa finalidade de verificar a información sobre o consumo de sustancias psicoactivas e desterrar os falsos mitos proponse como dinámica un xogo de preguntas empregando a plataforma Kahoot.
A maiores, ao longo da intervención realizaranse enquisas anónimas para solicitar datos estatísticos sobre o consumo de sustancias entre a mocidade galega, distribución de información e de merchandising.
0
0
0
s2sdefault