Concello de Sanxenxo - O CONCELLEIRO DE DEPORTES ENTREGA O DONATIVO RECADADO NA MILLA URBANA A ESPERANZA SALNÉS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
A presidenta de Esperanza Salnés, Isabel Baliñas, acompañada do xerente Augusto Chaves recolleron onte de mans do concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, o donativo recadado na Milla Urbana de Sanxenxo. Un total de 646 euros que se irán para as arcas dun colectivo que atende na actualidade a 17 nenos con discapacidade física ou intelectual da comarca. "É un gran de area por todo o bo traballo que facedes e agardamos que en vindeiras edicións poidase incrementar esta axuda", expuxo Daniel Arosa.
 
Chaves agradeceu o resultado da proba benéfica e o "xesto solidario" de Sanxenxo. "Toda axuda é boa e esta vainos permitir chegar ao mes de decembro con maior folgura. Logo o seu futuro aínda está por decidir", indicou. Na mesma liña, animou ao resto de concellos que non están a colaborar con Esperanza Salnés a que se somen a este tipo de iniciativas.
 
Baliñas explicou que o colectivo realiza terapias de 45 minutos individualizadas con cada neno desde os 2 ata os 18 anos. "Os profesionais do centro fan un traballo inmenso e neno que chega neno que non marcha. O trato das terapeutas é fantástico", dixo. O donativo da Milla Urbana é "un balón de osíxeno" para Esperanza Salnés. "Unha pequena axuda que se vai sumando e que nos permite seguir con maior folgura alomenos ata decembro", dixo.
 
 
 
 
 
0
0
0
s2sdefault