Concello de Sanxenxo - A PISCINA MUNICIPAL ABRE A INSCRICIÓN DOS CURSOS DE NATACIÓN INFANTIL E PARA BEBÉS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
A actividade dará comezo a finais de outubro e terá dous prazos para anotarse, dando prioridade aos xa anotados en marzo de 2020
 
A piscina municipal retomará a finais do mes de outubro os cursos de natación infantil e para bebés. Debido ás actuais restricións sanitarias, a oferta de cursos será menor que antes da pandemia e estableceranse dous prazos de inscrición, dando prioridade aos cursillistas que xa estaban anotados cando se interrompeu a actividade en marzo de 2020 e efectuarase por orde de chegada. Esta información está a ser comunicada telefonicamente por parte da dirección da piscina aos cursillistas.
 
Establécense as seguintes quendas de inscrición:
 
  • Martes, 28 de setembro: 7:45-14:45 / 16:00-22:45.
Tan só poderanse anotar os que estaban nos cursos os martes e xoves en marzo de 2020 e soamente poderán inscribirse neses días na quenda que elixan. Neste prazo non se poderá cambiar os días do curso
 
  • Mércores, 29 de setembro: 7:45-14:45 / 16:00-22:45.
É o prazo dispoñible para os que estaban nos cursos os luns e mércores en marzo de 2020 e soamente para inscribirse neses mesmos días na quenda que elixan. Neste primeiro proceso non se poderán cambiar os días do curso.
 
  • Sábado, 2 de outubro: 9:30-13:45.
É o prazo para anotarse os que estaban nos cursos dos sábados en marzo 2020 e soamente para inscribirse nese mesmo día na quenda que elixan. Non poderán cambiar neste prazo os días do curso.
 
  • A partir do martes 5 de outubro, desde as 7:45 horas (só para os cursillistas en activo os luns, mércores, martes, xoves e sábados en marzo de 2020). Abrirase a oferta para a nova liña de cursos de natación infantil de 1 día á semana dos venres pola tarde e tamén poderán optar ás prazas vacantes aqueles cursillistas que queiran cambiar os días que tiñan asignados no momento de pechar (informarase con anterioridade das prazas libres en cada un dos cursos ). 
  • A partir do luns 11 de outubro, ofertaranse aquelas prazas que queden libres para o resto de interesados (aqueles que non estaban anotados en marzo 2020). Informaremos previamente do número de prazas que queden libres.
 
A inscrición será PRESENCIAL por orde de chegada e a persoa que veña a facela poderá anotar a un só núcleo familiar.
 
0
0
0
s2sdefault