Sanxenxo sumou o 35% das pernoitas da provincia de Pontevedra e o 15% de Galicia
Os datos do INE confirman o liderado de Sanxenxo en agosto con 233.256 pernoitas. Séguenlle Bilbao con 215.093, San Sebastián con 190.754, Santiago de Compostela con 186.392, A Coruña con 124.386 e Vigo con 108. 405.
As 233.256 pernoitas de Sanxenxo en agosto supoñen o 35% da provincia de Pontevedra (677.503) e o 15% de Galicia que sumou en agosto 1.570.226 pernoitas. O goberno local considera que os datos son "espectaculares e demostran o liderado e a fortaleza de Sanxenxo como destino turístico de verán. Agora temos que traballar para seguir crecendo ou resto do ano".
Se comparamos cos datos de agosto en 2020 e 2021, a cifra deste ano supón 85.755 pernoitas máis que en agosto do ano pasado e 13.020 menos que en 2019, o mellor ano turístico da serie histórica. Ademais, das 13.020 pernoctaciones menos só 900 débense a viaxeiros nacionais, o resto son estranxeiros e explícase polas limitacións que os distintos países puxeron con motivo da situación sanitaria de España.
Tamén hai que ter en conta que as pernoitas hostaleiras do INE non inclúen as casas rurais (8), os cámpings (12) nin os apartamentos turísticos e que si están incluídos nos datos que facilitou o CETS dunha ocupación media do 87% en agosto. A parte das 2.200 vivendas de uso turístico agrupadas en Aviturga, que alcanzaron unha ocupación do 100% en agosto. Por último, hai que ter en conta que o principal aloxamento de Sanxenxo no verán son as segundas residencias (11.410) que en agosto acollen a máis de 60.000 visitantes.
En resumo, os datos do INE avalan que o balance do verán non pode ser máis favorable tendo en conta que aínda se arrastraban consecuencias da pandemia e que aos datos de pernoitas hai que engadir uns moi bos datos de redución do paro, cunha taxa inferior ao 8% durante os meses de xullo e agosto.