Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS ESCOLAS MUNICIPAIS QUE DARÁN COMEZO O 13 DE OUTUBRO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
A oferta deportiva contará con dous novos deportes, a billarda, o boxeo e a hípica
 
O Concello de Sanxenxo abrirá mañá martes o prazo de inscrición para as escolas municipais que darán comezo a partir do 13 de outubro. Tras un ano de parón debido á pandemia, Sanxenxo recupera a proposta Spláyate, un espazo no que nenos e nenas poderán dar renda solta á súa creatividade a través de distintas técnicas artísticas. Os destinatarios son os alumnos de Educación Infantil, en horario de 12 a 13:30 horas, e de 1ª a 4ª de Educación Primaria, de 10:30 a 12 horas. Terá lugar os sábados no Pazo de Emilia Pardo Bazán. A cota mensual é de 8 euros.
 
Un ano máis, a Ludoteca será outra das actividades que o Concello de Sanxenxo porá en marcha este curso escolar. Trátase dunha proposta lúdico-educativa a través de contacontos, teatro, obradoiro ou xogos cooperativos. É unha proposta itinerante que pasará polos distintos centros educativos ao longo da semana. Está destinada ao alumnado de Educación infantil e de 1º a 4º de Educación Primaria. A cota mensual é de 8 euros.
 
O Centro de Arte municipal tamén terá o seu espazo dentro da programación para a formación necesaria e desenvolvemento da súa creatividade cunha introdución teórico-práctica a Historia da arte. Unha actividade pensada para o alumnado a partir de 2º de Educación Primaria e ESO. A actividade desenvolverase no Pazo de Emilia Pardo Bazán, os luns e mércores en dúas quendas diferentes. A cota mensual é de 9 euros e o aforo por clase é de 10 alumnos. A adxudicación e elección de horario realizarase por orde de inscrición. Para os adultos, o Centro de Arte tamén se abre a actividade o 13 de outubro con dúas clases semanais: De luns a mércores de 19:30 a 21:15 e martes e xoves, de 12 a 13:45 horas. As clases serán reforzadas de forma telemática, recompensando con traballo a distancia a redución de horarios deste novo curso. A taxa mensual é de 28 euros.
 
As inscricións deberán entregarse no Pazo de Emilia Pardo Bazán  ou nos correos electrónicos Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Xunto á inscrición deberán presentarse unha fotocopia do libro de familia, fotocopia do DNI do pai, nai ou titor e declaración responsable do cumprimento do protocolo Covid.
 
As cotas mensuais terán un desconto do 50% no caso de familias numerosas, quedarán exentas de pago as familias numerosas especiais, e as familias con dous irmáns terán un desconto dun 25% en cada mensualidade.
 
Sanxenxo contará este ano con dúas novas disciplinas nas escolas deportivas municipais, a billarda, o boxeo e a hípica. A inscrición realizarase directamente no club correspondente por cada deporte ata un total de 14 diferentes: Balonmán, fútbol sala, atletismo, baloncesto, ciclismo MTB, boxeo, billarda, hípica, paddle surf, salvamento, surfskate, tenis, voleibol e taekwondo. As distintas disciplinas están pensadas desde Educación Infantil ata a ESO. As cotas mensuais van desde os 10 aos 20 euros. Para máis información sobre cada actividade, poderase acudir á Casa de Don Fernando, sede da Concellería de deportes, no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 986 72 42 97.
 

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ACTIVIDADES NAS SEGUINTES LIGAZÓNS:

 
0
0
0
s2sdefault