Concello de Sanxenxo - O CONCELLO DE SANXENXO RUBRICA UN CONVENIO COA XUNTA DE GALICIA DE 150.000 EUROS POR SER MUNICIPIO DE PREFERENTE ACTUACIÓN TURÍSTICA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno local empregará esa partida en accións que atraian visitantes ao municipio durante os 365 días do ano

No Pazo de Quintáns, un lugar que está chamado a ser un dos focos de atracción turística e gastronómica das Rías Baixas, o alcalde, Telmo Martín, e o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, rubricaron un convenio dotado con 150.000 euros enmarcado dentro da distinción de Sanxenxo como Municipio de Preferente Actuación Turística. Un selo co que, polo momento, só conta Sanxenxo. O convenio centrarase no cumprimento de cinco puntos: Innovación do destino, posta en valor do patrimonio arqueolóxico do municipio, potenciando o binomio patrimonio e paisaxe; impulso de Sanxenxo como destino de descanso e benestar; creación dunha liña de produtos coa marca Sanxenxo e promoción da marca con accións concretas como workshops, famtrips e outras actividades promocionais do destino.

O alcalde, Telmo Martín, incidiu en que o obxectivo do goberno a nivel turístico é "potenciar" os meses que van desde outubro a marzo. "Sanxenxo é un destino plenamente consolidado no verán, pero non é así nos meses de inverno. Este convenio vai a axudar a promocionar o destino e demostrar que Sanxenxo é visitable os 365 días do ano", indicou. Martín agradeceu a "implicación" da Xunta e confía en que "este sexa un dos moitos que se firme" para seguir avanzando como destino no outono e inverno.

Pola súa banda, Alfonso Rueda destacou que o obxectivo deste convenio "é seguir desenvolvendo turísticamente Sanxenxo e que sirva ademáis como exemplo e campo de probas do que queremos facer no resto de Galicia". Na mesma liña, incidiu en que o municipio xa é unha potencia turística no verán, pero ten "posibilidades enormes" para selo o resto do ano. "Tivemos un verán moi bo e esta ponte tamén o está sendo a nivel de ocupación e queremos que siga sendo así sempre", asegurou.

O acto estivo apoiado por representantes do sector turístico de Sanxenxo e dos motores económicos do municipio.

0
0
0
s2sdefault