O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, asistirán á cita que se prevé dea comezo ás 18 horas
O renovado céspede de O Revel inaugurarase oficialmente esta tarde cunha exhibición dos equipos biberóns dos clubs locais Vilalonga C.F. e Sport 2017. O alcalde, Telmo Martín, e o concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, asistirán á cita que se prevé dea comezo ás 18 horas e que mostra a aposta polo fútbol base. "É un partido para pasalo ben e gozar do novo céspede. Non é unha competición por iso se elexiu aos máis pequenos que ademais representan o futuro do noso fútbol", asegura Daniel Arosa.
Ao acto inaugural, aberto ao público, asistirán xogadores doutras categorías do propio Vilalonga C.F. e doutros clubs municipais que poderán comprobar a nova imaxe do campo. O goberno aproveitou o cambio de céspede para realizar unha mellora das instalacións co pintado de valados, bancadas e bancos, así como o cambio de redes das portarías. Un investimento que ascende a máis de 6.000 euros.
A colocación do céspede concluíu hai semanas e hai uns días someteuse ás probas para lograr o certificado de homologación da FIFA. Nesta auditoría de calidade valórase a reacción da pelota sobre o terreo (bote e deslizamiento), así como a seguridade para os xogadores (abrasión da pel, rotación do pé, absorción do choque, deformación vertical).
A compañía que instalou os campos do Paris Saint-Germain Football Club ou da Cidade Deportiva do Fútbol Club Barcelona foi a encargada da substitución do céspede do Revel. O Concello investiu 288.208 euros a través da modalidade de renting nun período de cinco anos para o reacondicionamiento.