Concello de Sanxenxo - SANXENXO SUMOU EN SETEMBRO O 30% DAS PERNOCTACIONES REXISTRADAS NA PROVINCIA E O 11% DAS DE GALICIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 
As vivendas de uso turístico rexistraron unha ocupación do 77%, un 7% máis que no mesmo período anterior á pandemia
 
Sanxenxo contabilizou en setembro 106.019 pernoctacións e recibiu a 31.354 viaxeiros. O municipio mantén a súa fortaleza como destino turístico no noveno mes do ano no norte de España, tan só superado por Santiago (147.468), Bilbao (140.133) e San Sebastián (138.933), pero cunha importante diferenza con Vigo (75.605), O Grove (36.284), Xixón (82.706) e A Coruña (84.533), puntos turísticos contabilizados tamén polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
 
As 106.019 pernoctacións de Sanxenxo en setembro supoñen o 30,42% da provincia de Pontevedra (348.245) e o 11,36% de Galicia que sumou en setembro 932.661 pernoctacións. Se comparamos cos datos de setembro de 2020 e 2021, a cifra deste ano supón 68.165 pernoctacións máis que no mesmo período do ano pasado e 16.365 menos que en 2019, o mellor ano turístico da serie histórica. Hai que ter en conta tamén o número de hoteis abertos que, segundo datos do INE, ascenderon a 115 fronte aos 72 de 2020 e os 122 de 2019.
 
En canto ao impacto no mercado laboral, os hoteis de Sanxenxo contrataron a 1.009 persoas durante o mes de setembro, case o dobre que en 2020 (579) e apenas 61 persoas máis que en 2019 cando se empregaron 1.070. En anos anteriores, no novemos mes do ano non se alcanzaba a cifra de 1.000 traballadores.
 
Tamén hai que ter en conta que as pernoctacións hostaleiras do INE non inclúen as casas rurais, os cámpings nin os apartamentos turísticos. Á parte das 2.200 vivendas de uso turístico agrupadas en Aviturga, que alcanzaron unha ocupación do 77% en setembro, un 7% máis que no mesmo período anterior á pandemia. 
 
O turismo nacional segue sendo predominante no perfil do visitante de Sanxenxo. Das 31.354 persoas contabilizadas polo INE, 26.458 procedían do territorio nacional e 4.886 do territorio internacional.
 
0
0
0
s2sdefault