Concello de Sanxenxo - CONCLÚE A PAVIMENTACIÓN DO VIARIO DE NOALLA QUE VAI DESDE O CRUCEIRO DE MONTE FARO A AIOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O orzamento dos traballos ascende a 61.740 euros, sufragados cunha subvención de Agader e con fondos propios
 
Os traballos de renovación do asfaltado do viario municipal desde o cruceiro de Faro a Aios e que serve de enlace entre a parroquia de Noalla e a vía rápida xa están concluídos. A empresa Jesús Pombo Vidal S.L. foi a encargada da actuación ao longo de case un quilómetro por 61.740 euros que se sufragarán cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e con fondos propios. Os traballos incluíron a limpeza das canalizacións do camiño, a dotación de base do firme, varrido e regularización da superficie, dotación de capa de rodaxe e sinalización horizontal do camiño
 
0
0
0
s2sdefault