Concello de Sanxenxo - O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA XUNTOS POLO NADAL CONCLÚE O 30 DE NOVEMBRO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Consellería de Política Social organiza un ano máis o programa Xuntos polo Nadal destinado ás persoas maiores de 60 anos que se atopen soas durante o Nadal. O Concello de Sanxenxo participa na iniciativa que oferta 526 prazas, 246 para os veciños de Pontevedra e Lugo na Residencia de Tempo Libre do Carballiño e 280 para os veciños da provincia da Coruña e Ourense.
 
O programa comezará o 22 de decembro de 2021 e finalizará o 7 de xaneiro de 2022. Inclúe aloxamento en habitacións compartidas durante 8 días, manutención en réxime de pensión completa e actividades de animación sociocultural.  Ademais, a iniciativa inclúe o desprazamento desde os lugares que se establezan nas localidades ata as residencias de tempo libre.
 
Os beneficiarios deste programa son as persoas maiores de 60 anos empadroadas nalgún concello galego, que pasen soas as datas do Nadal e que teñan a pauta completa da vacina contra a Covid 19.  O programa é totalmente gratuíto e a inscrición farase preferiblemente a través da sede electrónica da Xunta ou presencialmente en calquera das xefaturas Territoriais ou na sede de Servizos Sociais municipal ata o día 30 de novembro.  
 
Para a selección dos participantes darase preferencia ás persoas que perdesen ao seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos anos, que teñan máis idade ou que non participasen no Programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións. 
 
MÁIS INFORMACIÓN: XUNTOS POLO NADAL
0
0
0
s2sdefault