A verbena correrá a cargo da orquestra Fisterra e baixo unha carpa cuberta que se situará no porto
Portonovo retomará este sábado a celebración da súa patroa tras un ano de parón obrigado debido á situación sanitaria. O programa festivo dará comezo ás 10 horas cunha salva de bombas e alborada cos grupos Os Gatiños de Portonovo e Lembranzas.
A música dará paso aos actos litúrxicos ás 11:30 horas coa celebración da misa na honra a Santa Catalina na capela de Portonovo e ás 12:30 realizarase a tradicional procesión coa imaxe ata o porto onde se embarcará para realizar o percorrido marítimo e a ofrenda.
Ás 21:45 horas, dará comezo a orquestra que correrá a cargo de Fisterra e terá lugar baixo unha carpa cuberta e pechada que estará situada no porto de Portonovo.