Concello de Sanxenxo - O CAMBIO DE TRÁFICO DA RÚA MADRID ENTRARÁ EN VIGOR ESTE VENRES TRAS O TRASLADO DO MERCADO DE ABASTOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Operarios municipais comezaron esta mañá os traballos de pintado da sinalización horizontal ante a previsión de choiva para mañá

Coincidindo coa posta do mercado de abastos na nova localización na Rúa Progreso, desde primeira hora deste venres entrará en vigor o cambio de tráfico previsto na Rúa Madrid. O viario será de saída do municipio a partir deste momento permitindo a circulación continua de vehículos en dirección Pontevedra ata a rotonda de Progreso. Ata agora, ao chegar ao cruce coa Rúa Constitución era obrigatorio que os coches virasen á esquerda para incorporarse á Rúa Progreso se querían saír de Sanxenxo.

Operarios municipais comezaron co pintado da nova sinalización horizontal ante a previsión de choiva para mañá, pero non será ata o venres cando entre en vigor o cambio de tráfico que tamén estará acompañado por sinalización vertical. O goberno local acordadou adiantar o cambio para dar maior fluidez ao tráfico na zona, agora que xa non está o mercado en funcionamento. A Policía Local reforzará tamén coa súa presenza a modificación de tráfico o vindeiro venres.

En canto ao novo mercado, o traslado quedará completado mañá pola mañá para proceder, pola tarde, a unha limpeza xeral de todas as instalacións e poder abrir o este venres. A nova localización conta cun espazo delimitado para clientes do mercado no aparcadoiro disuasorio que se sitúa xusto á beira en horario de actividade da praza.

0
0
0
s2sdefault