Concello de Sanxenxo - NAUTA CONVOCA UNHA BOLSA PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL PARA O PARKING, OFICINA E MARIÑEIRÍA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Nauta Sanxenxo acaba de convocar unha bolsa para a contratación de persoal para o parking, oficina e mariñeiría. A listaxe de traballadores que pasen as probas servirá como reserva cando sexa necesario o reforzo de persoal porque haxa unha maior carga de traballo, por substitución ou por necesidades puntuais nalgún dos departamentos. A contratación realizarase por rigorosa orde en función da nota obtida nas probas que deberán realizar os interesados.

A bolsa de emprego terá vixencia ata o 31 de decembro de 2025. As instancias poderán presentarse ata o 24 de marzo e nela deberase indicar a que bolsa de emprego quérese optar. A selección contará cunha proba escrita eliminatoria o próximo 28 de marzo e unha proba oral.

A empresa municipal ten de forma habitual en persoal 17 traballadores que alcanza os 25, os meses de verán. A concesión portuaria e a actividade xerada en torno ao porto supón ademais preto de 140 empregos directos nas épocas de maior actividade entre mariñeiría, actividade hostaleira e comercial, servizos náuticos e parking, unha cifra que podería superar os 600 postos se se suman os empregos indirectos. A estes empregos hai que sumar os patróns de barcos que operan coas embarcacións con porto base en Sanxenxo e os traballadores das distintas empresas instaladas no porto como comercios, locais de lecer e empresas destinadas ao mantemento de embarcacións.

Nauta xestiona o porto deportivo que conta con 450 amarres de entre 8 e 45 metros, unha superficie comercial de 3.000 metros cadrados e un aparcadoiro con 380 prazas.

Consultar bases e descargar instacia na seguinte ligazón ➡ https://www.nautasanxenxo.com/empleo/

 
0
0
0
s2sdefault