Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ACTUALIZA O REGULAMENTO DE TAXIS PARA ADAPTALO Á ACTUAL NORMATIVA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



O concelleiro de Obras e Servizos, Óscar Vilar, abordou cos autopatronos do municipio a modificación do texto

O próximo Pleno ordinario de Sanxenxo levará a aprobación a modificación do actual regulamento de taxis que, nalgúns dos puntos, quedouse obsoleto. O novo documento que se adapta á normativa autonómica recolle a nova imaxe corporativa dos vehículos dos autopatronos do municipio e a actualización nas contratacións do servizo.

Nestes momentos hai 27 licenzas de taxistas en vigor no municipio que se reparten nun total de 8 paradas situadas no porto deportivo, Rúa Vidal Rocha, estación de autobuses, centro de saúde de Baltar, praza de abastos de Portonovo, Rafael Picó, Praza Pública de Vilalonga e na Revolta.

O concelleiro de Obras e Servizos, Óscar Vilar, abordou cos autopatronos do municipio a modificación do texto no que se actualiza, entre outros puntos, a documentación requirida a cada taxista e as modalidades na contratación do servizo na que se inclúe a chamada na vía pública, ata agora non recollida, así como o máximo en número de prazas que pasa de 7 a 9 segundo o modelo de vehículo.

En canto á vestimenta, a nova ordenanza recolle que queda prohibida a utilización por parte dos condutores, durante a prestación do servizo, o uso de chándal, roupa de deporte, camisetas de tirantes, chanclas ou pantalóns curtos. O obxectivo é coidar a imaxe do servizo que se presta tanto a veciños como a visitantes ao longo do ano.

O novo documento que entrará en vigor tras a aprobación en Pleno o día 28, estivo 10 días en consulta pública e outros 10 días para a presentación de alegacións.

0
0
0
s2sdefault