Concello de Sanxenxo - O CONCELLO COMEZA A DERRIBA DOS DOUS EDIFICIOS DO ANTIGO COLEXIO DE O CASAL EN NOALLA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O custo da demolición ascende a 29.000 euros e os traballos estenderanse ao longo desta semana

O Concello de Sanxenxo iniciou esta mesma mañá os traballos de demolición do antigo colexio de O Casal en Noalla. Os dous edificios construídos en 1964 estaban desde hai anos nun estado ruinoso e a súa derriba era xa unha vella demanda veciñal.

A estrutura que albergou o recinto educativo e as vivendas dalgúns profesores foi utilizada, posteriormente, por unha asociación de veciños, e mesmo serviu unha tempada de colexio electoral, pero hai máis de 30 anos que non ten ningún uso e a estrutura estaba seriamente danada. A parcela de 1.158 metros cadrados quedará libre esta semana de ambas as construcións. O custo da demolición ascende a 29.000 euros.

Trátase da segunda estrutura municipal que se derruba en Noalla nos últimos meses. A finais do mes de decembro do ano pasado demolíanse as vellas escolas de O Tombelo, tamén con data de construción de 1964, nunha parcela de 1.120 metros cadrados. O inmoble estaba declarado en ruína e supuña un grave problema de insalubridad e de seguridade para os veciños máis próximos que desde hai anos reclamaban a súa derriba.

Mercado municipal de Sanxenxo
Doutra banda, avanzan a bo ritmo os traballos de derriba do vello mercado de Sanxenxo que se prevé quede concluído esta mesma semana para proceder aos traballos de rebo e limpeza da zona para posteriormente valalo. A Rúa Constitución xa recuperou o acceso rodado para garaxes e vivendas.

0
0
0
s2sdefault