Concello de Sanxenxo - SANXENXO ACOLLEU A GALA DE PREMIOS DE TURISMO E HOSTALARÍA DE PONTEVEDRA NO HOTEL CARLOS I SILGAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo acolleu onte á noite a Gala de Premios de Turismo de Hostalaría de Pontevedra na que se recoñeceron o labor de distintas empresas do sector nas distintas categorías. Entre os 12 premiados, José López Rivas do Racing Dakart de Sanxenxo levou o galardón á Innovación e a oferta turística alternativa que recibiu de mans do alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín. Ao acto asistiron distintas autoridades autonómicas, provinciais e representantes do sector.

Durante o seu discurso, Martín incidiu na estratexia turística de Sanxenxo que ten dous obxectivos prioritarios. "O primeiro a mellora constante dos servizos que prestamos nos meses de verán, cando nos convertemos no primeiro destino turístico do norte de España. Nos meses de xullo e agosto xa só podemos crecer en calidade", asegurou.

O segundo obxectivo é "aumentar o número de visitantes durante a tempada baixa. Hai un Sanxenxo moi coñecido de verán e hai un Sanxenxo por descubrir o resto do ano, as instalacións e os servizos deste hotel son un bo exemplo diso. Como di o noso slogan "Sanxenxo 365 días diferentes".

0
0
0
s2sdefault