Concello de Sanxenxo - OS TRABALLOS DE CANALIZACIÓN DA RÚA UNIÓN E VIARIAS ADXACENTES DAN PASO Á MELLORA DE ACCESOS E COLOCACIÓN DO PAVIMENTO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde, Telmo Martín, e a concelleira de Planificación Territorial, María Deza, visitaron os traballos de humanización que se están levando acabo na Rúa Unión e adxacentes. A empresa adxudicataria da obra, Narom SL. comprometeuse co rexedor a axilizar a actuación e se as condicións meteorolóxicas o permiten, rematar a obra o 30 de maio. "Somos conscientes dos problemas que está a haber coas subministracións e co transporte, pero pedímoslle á empresa que faga un esforzo para rematar a obra en maio", explicou Martín.

A obra deu comezo coas canalizacións e saneamento o pasado mes de marzo, semanas despois da adxudicación debido ao atraso na chegada dos materiais, e agora céntrase na mellora dos accesos e colocación do paviemnto. Esta actuación, que será financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, ten un orzamento que ascende a 287.277 euros e un prazo de execución de seis meses.

Para o novo pavimento utilizaranse laxas de granito sobre soleira de formigón e escaleiras de granito macizo. Para a recollida de augas pluviais nas zonas baixas do espazo público, instalaranse canaletas con reixa, así como rede de pluviais que se conectarán a diferentes rúas adxacentes, segundo as pendentes de evacuación.

Contará cunha nova iluminación, que permita unha mellora da iluminación actual, que é moi deficiente, con luminarias de aluminio, coas que se logrará unha maior eficiencia enerxética.

Así mesmo, colocaranse en distintos puntos macetas de diferentes cores con variadas especies arbustivas e de plantas. Este tratamento vexetal da zona axudará a mellorar a imaxe da contorna. Tamén está prevista no proxecto a colocación de papeleiras e bancos.

0
0
0
s2sdefault