Concello de Sanxenxo - BARLOVENTO IMPARTIRÁ EN SANXENXO UN CURSO DE MONITOR DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O prazo de inscrición xa está aberto con 25 prazas dispoñibles

A escola Barlovento impartirá en Sanxenxo un curso de monitor de actividades de tempo libre. O prazo de inscrición xa está aberto con 25 prazas dispoñibles. O obxectivo desta actividade é complementar calquera tipo de formación e abrir as posibilidades de inserción no mercado laboral.

O curso consta de 200 horas teórico-prácticas e 150 horas prácticas nunha formación que combinará clases presenciais no Pazo de Emilia Pardo Bazán e online, de 9 a 14 horas e de 16 a 21 horas. As clases presenciais serán os días 9,11, 12, 13, 14, 23 e 30 de abril e os días 7,14,21 e 28 de maio. As clases online están previstas para os días 10,15, 16, 17 e 24 de abril e os días 1, 8, 15 e 22 de maio, pero os horarios e os días serán flexibles. A formación práctica inclúe kaiak, escalada, orientación, tiro con arco e paddle surf.

O requisito para anotarse é ter 18 anos cumpridos e contar co título da ESO ou equivalente. Os prezos do curso 300 euros, 285 para estudantes, desempregados ou con carné xove e 275 se consegues que un amigo ou amiga se anote. A inscrición debe realizarse en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. O prazo de inscrición está aberto ata que se ocupen as prazas máximas e cubriranse por orde de chegada.

0
0
0
s2sdefault