Concello de Sanxenxo - SANXENXO TÍNGUESE DE AZUL PARA CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Globos azuis nas entradas dos edificios municipais e unha pancarta para sensibilizar á sociedade coa mellora de calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo

Sanxenxo tínguese de azul para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo que se celebrará mañá, 2 de abril. Co obxectivo de sensibilizar á sociedade coa mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, o concelleiro de Servizos Sociais, Daniel Arosa, e a presidenta da Asociación Neen@s de Sanxenxo, Montserrat Fernández, colgaron esta mañá unha pancarta no balcón do edificio consistorial con varios globos azuis, que tamén se colocaron nos distintos edificios municipais. A fachada do consistorio iluminarase tamén de azul, símbolo do autismo. "Trátase de visibilizar e sensibilizar á sociedade co Trastorno do Espectro Austista para facilitarlles a súa integración e unha convivencia tranquila e respectuosa", asegura Daniel Arosa, concelleiro de Servizos Sociais.

Durante a xornada de mañá, a Asociación Neen@s en colaboración co Concello de Sanxenxo celebrará un partido especial entre o equipo de fútbol feminino Interrías e o Olímpico de León no campo de fútbol do Revel ás 17 horas. Realizarase un saque de honra a favor do bo trato coas persoas con autismo e unha solta de globos azuis. Ás 19 horas, o local social da Asociación Neen@s Sanxenxo acollerá unha charla con persoas adultas TEA: Rosalinda e Fernando. O acceso será libre para toda persoa interesada.

Os locais comerciais de Sanxenxo tamén participan na celebración con cartelaría e colocación de globos nas entradas dos seus establecementos.

0
0
0
s2sdefault