Concello de Sanxenxo - O CONCELLO REDACTA UN PROXECTO DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DO PAZO DE EMILIA PARDO BAZÁN PARA PRESENTAR A UNHA NOVA CONVOCATORIA DOS FONDOS NEXT GENERATION
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A remodelación do auditorio, construído en 2002, optará a unha liña de axudas do Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos (Pirep)

O Concello de Sanxenxo encargou a redacción dun proxecto de rehabilitación integral do Pazo de Emilia Pardo Bazán co que concorrerá antes do 25 de abril a unha das liñas de axudas do Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos (Pirep) no marco dos fondos Next Generation. Estas axudas están dirixidas á rehabilitación do parque de edificios públicos ata lograr inmobles de calidade e de alta eficiencia enerxética para 2050. Ademais, perséguese liquidar ou mellorar carencias importantes relativas a cuestións de habitabilidade como pode ser un confort acústico deficiente, unha mala calidade do aire ou problemas de accesibilidade.

O proxecto que encargou o Concello de Sanxenxo en base aos criterios marcados na liña da subvención rolda os 1,5 millóns de euros. O auditorio foi construído en 2002 e, nestes momentos, presenta importantes deficiencias enerxéticas tanto lumínicas como térmicas e limitacións de accesibilidade que deberán ser liquidadas. No novo proxecto contémplase melloras de iluminación, remodelación do patio de butacas, renovación da climatización do espazo, a substitución completa da cuberta, así como melloras tecnolóxicas que axuden a convertelo nun edificio eficiente.

O Pazo de Emilia Pardo Bazán é o equipamento público con máis departamentos relacionados coa cultura e educación do municipio. O edificio alberga a Biblioteca, a Escola de Música Municipal, a Banda de Música Municipal, o Centro de Arte, a área de Animación Sociocultural, Educación de Adultos e o departamento de Orientación Laboral. Ademais do salón de actos, o edificio conta con 4 salas polivalentes para o desenvolvemento de distintas actividades e un local de ensaio para a Asociación Cultural Abiñadoira.

0
0
0
s2sdefault