Concello de Sanxenxo - VILALONGA CONTARÁ CUN NOVO PARKING NO CENTRO URBANO DA VILA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello habilitará 70 prazas de estacionamento, máis do triple das que existen na actualidade na Praza Pública

Vilalonga contará cun novo parking público no centro urbano da parroquia. O Concello conseguiu a cesión gratuíta dun terreo que mide 1.638 metros cadrados na que se habilitarán 70 prazas de estacionamento en pleno corazón da parroquia e onde se concentra a maior actividade comercial da zona. Este novo espazo permitirá crear máis do triple de estacionamentos dos que existen na actualidade na Praza Pública, situada enfronte do novo aparcadoiro.

A parcela comunica de forma directa coa Avenida Vilar e será acondicionada co obxectivo de que nas próximas semanas xa estea lista para uso dos veciños e visitantes. O novo parking estará aberto ao público antes de que comecen as obras de humanización da Praza Pública onde a prioridade será o uso e goce dos veciños con distintos espazos pensados para eventos e actividades para diferentes idades.

Con este acordo de cesión, o goberno dá resposta á demanda de dotación de aparcadoiro tanto de veciños como de propietarios de negocios que se sitúan na contorna. A parcela destaca tanto pola súa amplitude como pola súa localización. Esta nova bolsa de aparcadoiro sumarase ás 82 prazas habilitadas no Revel e as 64, que se contemplan no proxecto de novos usos do colexio do Cruceiro e a súa contorna.

O obxectivo do goberno é seguir creando zonas de estacionamento alternativos en Vilalonga para dar servizo aos veciños e visitantes, pero sen que iso supoña renunciar aos espazos de convivencia e prioridade peonil como parte do modelo urbano municipal.

0
0
0
s2sdefault