Concello de Sanxenxo - A POLICÍA LOCAL ACHEGA O SEU TRABALLO AOS ESCOLARES DO COLEXIO DE NANTES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os alumnos do CEIP Nantes recibiron esta mañá a visita da Policía Local de Sanxenxo. O oficial Manuel Parga e os axentes Emilio Martínez e Jorge Crespo acompañados do concelleiro de Seguridade Cidadá, Jaime Leiro, desprazáronse ata o centro para achegar o seu traballo diario á comunidade educativa nunha xornada de convivencia.

O mal tempo impediu que puidesen realizar unha exhibición con drons no patio do colexio, pero a pericia dos axentes permitiu que se realizasen voos no interior captando imaxes que os pequenos puideron visualizar nunha pantalla situada na entrada do centro. Deste xeito, puideron demostrar a aplicación dos drons no traballo diario da Policía.

Os axentes tamén lles ensinaron outro tipo de material de traballo como os chalecos antibalas, os cascos ou o sistema de comunicación que emprega a Policía para comunicarse.

Unha mañá diferente na que os pequenos puideron achegarse de forma lúdica e divertida ao traballo que a diario realiza a Policía Local.

0
0
0
s2sdefault