Concello de Sanxenxo - SANXENXO LIDEROU A BAIXADA DE PARO EN GALICIA NO MES DE MARZO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O municipio rexistrou 103 parados menos e supuxo o 8,8% do descenso de desemprego na comunidade galega

Sanxenxo liderou o pasado mes de marzo a baixada de paro en Galicia. O municipio contabilizou 103 desempregados menos e supuxo o 8,8% do descenso do desemprego na comunidade galega. O descenso deixa en 937 o número de parados no municipio, a cifra menor de parados da serie histórica da última década en Sanxenxo. O municipio galego que máis se aproxima na caída de parados é Santiago con 96 e O Grove con 63.

Este descenso súmase aos bos datos que desde finais do ano pasado vén percibindo nos datos publicados mensualmente no portal da Consellería de Traballo con cifras que apuntan de forma inequívoca a unha reactivación da economía e do mercado laboral no municipio. O incremento de empresas con actividade no parque empresarial e a prolongación das tempadas turísticas están a ser claves nesta tendencia.

En canto a sectores, o de servizos concentra o groso da cifra de parados con 717, seguido de industria, 95, construción, servizos, 60, e pesca e agricultura, 32. Por idades, 903 parados son maiores de 25 anos, 524 mulleres e 379 homes, e 34 son menores de 25, 22 homes e 12 mulleres.

No Boletín de Emprego de Sanxenxo, publicado na web e redes municipais e actualizado cada semana, figuran xa máis de 200 ofertas laborais, a maioría relacionadas co sector turístico como cociñeiros, camereros, axudantes de cociña, recepcionista, camareira de piso, limpadora ou socorristas, pero tamén para o sector da construción, do comercio, náutica e servizos como barbaría.

0
0
0
s2sdefault